Aluguer de aulas

Centro Daigaku ofrece tamén a posibilidade de que alugues as aulas para facer a túa actividade.

Podes alugala como aula de estudo, sen instrumento se xa o tés, ou alugar a aula con instrumento se non dispós de él ou non o queres desprazar. Entre os instrumentos dos que dispoñemos para facer con nós a túa actividade de estudo temos guitarra, piano ou arpa para que os uses dentro da aula.

Tamén dispoñemos de aulas acondicionadas como locais de ensaio, para que veñas co teu grupo para ensaiar no caso de que non teñades onde.

E non só podes alugar os nosos espazos para actividades musicais (recorda que somos Centro Daigaku, Máis que Formación Musical). As nosas instalacións poden servir para organizar cursiños, charlas, pequenas conferencias ou exposicións. Consulta con nós segundo as túas necesidades para ver se se adecuan ao que podemos poñer á túa disposición.

Para todo isto consulta tanto a dispoñibilidade como as tarifas, que serán especiais para os nosos alumnos, ainda que serán sempre asequibles.