Quen somos?

Daigaku é un centro de ensinanza musical especializado na formación instrumental, na música tradicional e folk, na estimulación musical temperá e na musicoterapia.

Como traballamos?

Apostamos por unha metodoloxía de ensinanza activa, na que o alumno é o protagonista da súa propia aprendizaxe.

As necesidades persoais e motivacionais do alumno son o máis importante, por iso no noso centro a proposta das clases será de carácter lúdico fomentando en todo momento o gusto pola música.

Oferta educativa

Desde Daigaku queremos promover a implicación musical e cultural dos alumnos, tanto a nivel xeral como específico. Ofrecemos clases dunha ampla variedade de instrumentos (gaita, pandeireta, bouzouki, guitarra...), clases de reforzo para os alumnos que cursen ensinanzas profesionais e tamén clases destinadas ao público infantil para potenciar o seu interese pola música dende cativos. A maiores, para aqueles interesados, no Centro Daigaku impártense clases de canto, técnica vocal e musicoterapia.

Formación complementaria

Ademais das leccións impartidas nas aulas, organizaremos nas nosas instalacións faladoiros, concertos, cursos, eventos..., que permitira ao alumnado divertirse con interesantes actividades adicionais.

Metodoloxía de ensinanza

O esquema de traballo no Centro Daigaku é netamente personalizado, seguindo as demandas do alumno, tanto en niveis coma en estilos dentro de cada instrumento. Será o alumno o que fixe a súa velocidade de aprendizaxe en función das súas necesidades ou ben do tempo que dispoña para poder estudar.

Tódalas disciplinas que se imparten no Centro Daigaku teñen unha programación propia desenrolada para o aprendizaxe do instrumento que se pretende aprender. Dentro desta programación atopamos temas que se desenvolven seguindo un esquema de acadamento de recursos técnicos e ademáis, traballaranse paralelamente as nocións de linguaxe musical que se necesiten de maneira específica para cada disciplina, sen que eso represente unha presión de aprendizaxe teórico aburrido ou engorroso, xa que só se traballará aquilo que o alumno necesite ou demande.

Esta programación, sen embargo, adaptarase a esa ensinanza personalizada que se comentaba anteriormente, servindo dita programación de guía de traballo sen que supoña unha liña de aprendizaxe pechada ó que xurda polo camiño que se lle propón ó alumno.

Por outra banda, dentro das disciplinas de apoios a Conservatorio adaptámonos ás programacións fixadas por ditos estamentos, que ó fin e ao cabo son as que o alumno ten que traballar de xeito ineludible. Traballaranse aqueles puntos nos que o alumno presente máis carencias e reforzaranse aqueles puntos que servirán de base para un mellor desenvolvemento da preparación da asignatura en cuestión.