Budo Tai Jutsu

O Budo Tai Jutsu, ou Bujinkan Budo Tai Jutsu, é unha Arte Marcial de orixe xaponés que entrena 9 estilos marciais diferentes perfectamente diferenciados entre eles, se ben se traballa unha base común a todos para poder desenvolver con posterioridade unha aprendizaxe en profundidade de cada un deles.

Trabállanse técnicas a man baleira tales coma golpes, proxeccións, luxacións, patadas, etc, e tamén traballos con diversas ferramentas como katana (nos entrenamentos trabállase con ferramentas de madeira para facer o traballo da maneira o máis segura posible), kodachi (espadas longas e curtas), bo, jo ou hambo, (paus de diversas lonxitudes) nawa ou sageo (diversas cordas), etc. Todo isto posibilita un traballo en tódalas distancias posibles de combate e fai que, co entrenamento con estes obxetos, se poidan facer traballos utilizando calquera obxecto cotián como unha ferramenta de defensa, o cal fai do Budo Tai Jutsu unha Arte Marcial moi axeitada para a defensa persoal, aínda que é un sistema que leva codificado dende fai máis de 700 anos.

O Budo Tai Jutsu desenvólvese dentro da organización xaponesa Bujinkan, dirixida polo Soke Masaaki Hatsumi.

Budo Tai Jutsu Infantil

O Budo Tai Jutsu é unha disciplina moi adecuada para o desenvolvemento dos rapaces. Posúe tódalas características dunha disciplina física que fai que se potencien a coordinación, equilibrio, lateralidade, percepción espacio-temporal, etc. Polo seu xeito de entrenamento, ademais, potencia a relación co resto da xente que o rodea, xa que se traballa non só a nivel individual, senón tamén en parella ou grupo, polo que incrementa o traballo colaborativo, a relación social e a relación de grupo.

Sempre se entrena dun xeito seguro e facendo especial fincapé no feito de que cando se entrena Budo Tai Jutsu non se fan técnicas agresivas, senón que se traballa un xeito de sentirse seguros consigo mesmos e que o que van a aprender son, principalmente, xeitos de non ter que agredir nunca a ninguén, utilizando a inventiva e a intelixencia como medios activos de resolver os conflictos, e nunca a violencia.