Que é o Tai Chi?

O Tai Chi é unha arte marcial terapéutica provinte de China e que goza de séculos de antigüidadade, combina os movementos das artes marciais coas técnicas de circulación da enerxía (Qi), a respiración e o estiramento. Maniféstase na súa práctica a filosofía antigua China da teoría do Yin e Yang e dos Cinco Elementos, como base para establecer os seus principios de entrenamento, que comprende a integración da mente, a enerxía e o corpo. Nun principio os seus fins eran claramente marciais, sen embargo coa súa práctica descubríuse que servía para prolongar a vida, curar e rexuvenecer o corpo do practicante.

Estes beneficios para a saúde son os causantes da gran popularidade que ten o Tai Chi tanto en Oriente coma en Occidente. O valor do Tai Chi reside na posibilidade de fortalecer e reparar o corpo tanto no seu plano físico coma enerxético, co que podemos previr e curar enfermidades. Practicando Tai Chi de forma habitual melloraremos a circulación enerxética e sanguínea, sendo un bo protector ante as enfermidades. Se a enfermidade xa ten aparecido e xa causou dano, pode ser necesario tomar medidas drásticas para reparalo, e unha vez reparado os movementos suaves, lentos e armoniosos do Tai Chi son excelentes para unha recuperación satisfactoria da saúde.

Mediante a práctica do Tai Chi, as series de movementos fan que todo o cuerpo traballe de forma física, os músculos reláxanse e a circulación sanguínea mellora. Este exercicio total do corpo non se limita aos brazos e ás pernas, tamén afecta ao tórax, columna vertebral e aos órganos internos, véndose afrouxados polos movementos suaves e armónicos. Ao “dar masaxe” aos órganos internos pódese axudar a liberar a tensión que os rodea e aumentar a circulación do sangue. Os movementos lentos fan que o corpo se mova con menos tensión que cando se fan movementos rápidos e secos, que requiren dunhas contraccións musculares tamén rápidas. Os movementos lentos do Tai Chi fan que os pulmóns estén relaxados e que aumente a cantidade de osíxeno que se inspira. Coa práctica do Tai Chi poderemos liberar a tensión creada por un día difícil no traballo, axudando a eliminar a tensión mental e enerxética.

Fonte: budogalicia.es, por indicación do Instructor de Tai Chi Abraham Rivera.